Audasa destina 1,4 millóns a previr incendios

Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa), empresa concesionaria da AP-9, destina máis de 1,4 millóns de euros para a prevención contra os incendios. O plan, que se inicia esta semana e se desenvolve ata agosto, inclúe a limpeza da vexetación que rodea a autoestrada e traballos de tala e poda. Os traballos desenvólvense fundamentalmente de noite con dous equipos de traballo simultáneos para non afectar ao tráfico.

Como medida de precaución, cóntase con tres depósitos de auga ao longo dos 219,6 quilómetros da vía para empregar no caso de incendio e diminuír o tempo e facilitar o traballo dos bombeiros.
O investimento para a prevención de incendios supera nun 3% ao realizado en 2018, no que se trataron máis de 2,6 millóns de metros cadrados ao longo de toda a autoestrada.