A AP-9 reduce o tráfico nun 28% e a facturación sitúase en 128M€

29.04.2021. Autopistas del Atlántico SA (Audasa) presenta na súa conta de resultados de 2020 unha facturación de 127.9 millóns de euros, nun exercicio marcado polas restricións á mobilidade derivadas da pandemia do coronavirus e a sentenza xudicial que restablecía o sistema de peaxe en sombra de 2006. O tráfico da AP-9 diminuíu nun 28,1%, alcanzando o seu mínimo histórico no mes de abril, durante o confinamento domiciliario, cunha media de 5.440 vehículos diarios. A intensidade media diaria (IMD) da autoestrada, incluíndo os tramos de peaxe e gratuítos, descendeu ata os 17.546 vehículos/día, a máis baixa desde que se rematou en 2004 o seu trazado entre Ferrol e Tui.

O 19 de febreiro de 2020, o Tribunal Supremo decretou a nulidade do Real Decreto 803/2017 que regulaba o abono á concesionaria dos percorridos libres de peaxe para os usuarios dos tramos A Coruña-A Barcala e Vigo-O Morrazo, restableceu a vixencia do Real Decreto 633/2006 e recoñeceu o dereito de Audasa a que se lle resarzan os prexuízos causados pola implantación en 2017 do novo sistema de retribución da peaxe en sombra.

Como consecuencia deste fallo xudicial, os ingresos de peaxe incrementáronse de forma extraordinaria en 2020 en 16,6 millóns de euros (11,5 millóns de euros corresponden a xullo de 2017-decembro 2019 e 5,1 millóns de euros ao exercicio 2020). De non considerar devanditos ingresos extraordinarios, o beneficio diminuiría un 48,9%, en relación a 2019.

O grupo Itínere, do que forma parte Audasa, destinou integramente os dividendos da concesionaria galega en 2020 a reducir o endebedamento derivado da adquisición ao Estado español da Empresa Nacional de Autoestradas SA (privatizada en 2003 por importe de 1.622 millóns de euros). Dende 2003, ano no que a concesión está en mans de Itínere, a compañía non distribuíu ningún dividendo aos seus accionistas.

A Autoestrada do Atlántico rexistrou en 2020 un 51% de tránsitos gratuítos, un 33% en tramos libres de peaxe e un 18% en tramos con peaxe en sombra. Os tránsitos de pago foron abonados no 93,7% das viaxes a través de vías non manuais. Dende o inicio da crise da Covid-19, a concesionaria priorizou este sistema como medida de seguridade para usuarios e empregados, ademais doutras accións como a desinfección da autoestrada, as áreas de descanso e os postos de peaxe.

 

A AP-9 consolídase entre as carreteiras máis seguras de España

27.01.2021. A Autoestrada do Atlántico (AP-9) que une Tui con Ferrol volve mellorar en 2020 os seus índices oficiais de seguridade, consolidándose entre as autoestradas máis seguras de España consecutivamente nos últimos 17 anos. Os 220 quilómetros da AP-9 reduciron en 2020 o índice oficial de perigosidade (o denominado IF1 polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) nun 9%; o  índice de vítimas en accidentes (IF2) nun 18% e o de mortalidade (IF3) nun 58%. A AP-9 supera os índices medios de seguridade de todas as autoestradas españolas e volve a situarse en 2020 entre os traxectos máis seguros para os conductores.

Os últimos índices de perigosidade (IF1) sitúan ao vial xestionado por Autopistas del Atlántico SA con 4,42 accidentes con vítimas por cada 100 millóns de vehículos-quilómetro nun 4,5% por debaixo ao resto das 26 autoestradas de peaxe do Estado e as 10 autoestradas autonómicas de peaxe que operan en España; e nun 19% por debaixo no índice de mortalidade (IF3), con 0,13 vítimas por cada 100 millóns de vehículos-quilómetro. Os datos de accidentalidade da AP-9 son máis baixos que o resto das carreteiras sen peaxe (autovías e resto de rede de carreteiras do Estado).

Os bos índices de seguridade da principal autoestrada de Galicia melloran a media española dende o ano 2003, permanentemente en todos os exercicios. A seguridad da Autoestrada do Atlántico débese as súas constantes inversións en mantemento e mellora do vial. La concesionaria, Audasa, invirte unha media anual de 8,1 millóns de euros en obras para mellorar a seguridad e dispón dun sofisticado sistema de vixilancia, dotado dun centro de control con cámaras e monitorización que permite unha rápida resposta ante calquera incidencia na carreteira. Un equipo específico de 114 profesionais (dos 250 empregados de Audasa) traballan a diario en mellorar a seguridade e comodidad na circulación.

A AP-9 é periodicamente auditada por unha consultora independente que acredita o bo funcionamento da implantación dos sistemas de información xeográfica, xestión sistemática do mantemento, xestión sistemática de pontes e xestión sistemática de firmes. Audasa está certificada por AENOR nas ISO 14000 (medioambiente) e 9000 (calidade) e está en proceso de certificación da 45000 (seguridade e saúde no traballo).

O Ministerio de Transportes a través da Inspección de Explotación, fai un seguimento permanente das condicións de seguridade da AP-9.

O acceso de Vigo á AP-9 por Lepanto permanecerá pechado ata outubro

12.01.2021. O programa de obras e o seu plan de tráfico dirixidos polo Concello de Vigo obrigan a Autopistas del Atlántico a pechar provisionalmente o acceso desde a cidade viguesa á Autoestrada do Atlántico a través da rúa Lepanto, un paso elevado que permanecerá inutilizado desde hoxe ata o mes de outubro, segundo o executivo local, coincidindo coa duración dos traballos para a súa reconversión en túnel.

Como consecuencia das obras da estación intermodal de Vigo, Autopistas del Atlántico reduce desde hoxe o acceso á autoestrada desde a cidade viguesa. Os usuarios poderán dirixirse á autoestrada a través do túnel da rúa Areal, Isaac Peral, Praza de San Lourenzo e Buenos Aires.

Para garantir a normal continuación dos traballos da campaña de inverno na autoestrada, Audasa vén de habilitar o paso para a maquinaria quitaneves no acceso xa existente para a obra en curso da estación de Urzaiz.

A peaxe da AP-9 conxélase en 2021 no 54% dos tramos

31.12.2020. Autopistas del Atlántico conxela en 2021 a peaxe para vehículos lixeiros en 26 tramos dos 48 que forman a AP-9. A vía galega ten un custo de 0,11 euros por quilómetro. O 67% dos tránsitos que anualmente se realizan pola autoestrada non verán incrementadas as tarifas en 2021.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aprobou a actualización das tarifas das autoestradas dependentes da Administración Xeral do Estado, que inclúen no caso da AP-9 un incremento do 0,92% a aplicar dende as 00.00 horas do 1 de xaneiro do vindeiro ano. A concesionaria galega non imputa esta suba cando representa menos de 5 céntimos por tramo.

O 55,4% das viaxes na AP-9 en 2020 realizáronse por tramos gratuítos ou contaron con descontos ou bonificacións si se dispón de telepeaxe e se realizan en traxecto de ida e volta no mesmo día laborábel (sábados incluídos).

As peaxes aprobadas polo Goberno para 2021 inclúen a suba extra (1%) derivada das obras de ampliación da circunvalación de Santiago de Compostela e da Ponte de Rande, que foron financiadas de maneira íntegra por Audasa. O orzamento de ambos proxectos supera os 356 millóns de euros (incluídos IVE e custos financieros).

Un 29% menos de tráfico en 2020

A intensidade media diaria (IMD), con 15.312 vehículos, reduciuse entre xaneiro e novembre de 2020 un 29,43% con respecto ao mesmo período de 2019.

Consultar aquí as tarifas 2021 da AP-9

Autopistas del Atlántico promove a través dun cómic as pontes máis importantes de Galicia

15.12.2020. Autopistas del Atlántico colabora na publicación de A Volta a Galicia en 40 pontes e media, de Rafael Astor e Carlos Nardiz, con ilustracións de Francisco Jaraba. Trátase dun cómic de case 100 páxinas editado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, no que o protagonista, Fray Capucho, percorre as principais pontes galegas, dende a románica Ponte de Bibei ata a Ponte de Rande. O libro complétase cun álbum de fichas de cada unha delas, incluíndo esbozos e fotografías, e un glosario de termos para entender as súas características.

“Galicia é unha comunidade na que as pontes xogan un papel fundamental na vertebración do seu territorio. En Autopistas del Atlántico traballamos continuamente na súa conservación e posta en valor cos mellores equipos técnicos e humanos. Desexamos que a súa lectura transmita a mesma paixón por estas infraestruturas que a que nos move no noso traballo diario”, sinala o director xeral de Autopistas del Atlántico, César Canal, no prólogo do libro.

A publicación é unha segunda edición actualizada 31 anos despois da súa saída do prelo, que permite divulgar de xeito ameno o patrimonio das pontes galegas, incorporando as actuacións de conservación ou ampliación desenvoltas nos últimos anos.

Autopistas del Atlántico reduce un 82% as reclamacións de clientes

3.12.2020. O novo modelo de atención ao cliente implantado por Autopistas del Atlántico S.A. en 2019, así como os máis de 26 millóns de euros investidos na conservación da autoestrada galega nos últimos seis anos, permiten reducir un 82% o número de reclamacións presentadas. Con 74 escritos en 2019, alcánzase un mínimo histórico. A AP-9 é a autoestrada de titularidade estatal que máis diminúe as reclamacións, con 4,33 por 100 millóns de vehículos e quilómetro en 2019.

A redución continúa en 2020, con 2,6 reclamacións por 100 millóns de vehículos e quilómetro rexistradas ata o 31 de outubro, o que supón unha baixada do 51,5% con respecto ao mesmo período de 2019. Autopistas del Atlántico S.A. continúa desenvolvendo un plan global de melloras, que inclúen un servizo personalizado de atención ao cliente, tanto na mesma vía, como nas peaxes ou na comunicación telefónica e a través de correo electrónico.

O desenvolvemento do sistema de atención ao cliente permitiu mellorar a calidade e a dilixencia das respostas aos usuarios no caso de incidencias e peticións de información. A compañía galega dispón dun dispositivo de axuda permanente na vía.

O tipo de demanda que máis descendeu ao longo do 2019 foi a relacionada coa xestión da peaxe (-90,3%), seguida da vencellada á conservación e ao mantemento (-63,8%).

A concesionaria galega realizou entre 2018 e 2020 inversións no mantemento da vía, como o reforzo do firme entre Santiago e Pontevedra e en todos os accesos a Vigo, a ampliación da capacidade das peaxes, a renovación da sinalización e marcas viais, a implantación de iluminación LED ou a renovación dos restaurantes das áreas de servizo de Compostela e San Simón.

Compromiso coa seguridade

O tráfico da autoestrada galega descendeu no primeiro semestre de 2020 un 37% como consecuencia da crise do coronavirus. A intensidade media diaria (IMD) pasa dos 24.406 vehículos rexistrados en 2019 aos 14.798 nos primeiros seis meses de 2020.

Pese á diminución do tráfico e a redución dos ingresos, Autopistas del Atlántico continúa desenvolvendo diversas obras de mellora ao longo dos 219,6 quilómetros que unen Ferrol coa fronteira portuguesa. Na actualidade, leva a cabo traballos de renovación de firmes na zona norte e de estabilización dunha cemba no enlace de Puxeiros coa A-55.

Audasa desenvolve obras de estabilización no talude do enlace entre Puxeiros e a A-55

6 de outubro de 2020.  Autopistas del Atlántico (Audasa) comeza hoxe as obras de estabilización no talude que enlaza Puxeiros e a A55, á altura do punto quilométrico 159,6 da Ap-9. Os traballos non afectarán a fluidez do tráfico pois se desenvolverán na beiravía esquerda do ramal de entrada na AP-9, onde o ancho da calzada e a sinalización prevista permiten realizalas con seguridade sen cortar o tráfico.  A finalización das obras, que se realizan tras recibir a autorización da  Dirección General de Carreteras (DGT), está prevista para o 1 de novembro.

O obxectivo destes traballos, que desenvolverá a empresa galega Civis Global, é mellorar a estabilidade do talude a través da construción dun muro de contención, con formigón e perpiaño, e unha drenaxe axeitada do terreo.

 

O tráfico da AP-9 cae un 36% ata xuño

05.10.2020

O tráfico na Autoestrada do Atlántico reduciuse nun 35,99% no primeiro semestre ante a crise do coronavirus ata os 14.798 vehículos de media diaria en comparación cos 23.118 que transitaban de Intensidade Media Diaria (IMD) entre xaneiro e xuño de 2019. A Autoestrada do Atlántico pasou de ser a sexta do Estado en circulación media diaria de vehículos en 2019, á quinta no primeiro semestre de 2020, continuando por riba da media española.

A forte contración do tráfico reduciu a facturación do semestre nun 34,6% ata os 46,7 millóns de euros. Autoestrada do Atlántico S.A, con sede en Galicia, presenta hoxe as súas contas correspondentes ao primeiro semestre do exercicio 2020 á CNMV, nas que rexistra por primeira vez na súa historia recente, e dende que se completou o total do seu trazado, perdas por valor de 0,7 millóns de euros.
O tráfico diario da autoestrada alcanzou o seu mínimo semestral no mes de abril, durante o confinamento, con 5.440 vehículos. A desescalada permitiu triplicar a circulación diaria ata os 17.971 vehículos, aínda que todavía un 28,8% por debaixo das cifras de xuño de 2019.

A pesar da baixada da movilidade, a actividade da concesionaria foi considerada como un servizo esencial e permaneceu inalterada e sen aplicar expediente de regulación temporal de empregro (Erte) ata a actualidade. Durante a crise, a compañía puxo en marcha un paquete de medidas para afrontar o impacto do coronavirus, que inclúe a preservación da liquidez, así como un compromiso polo emprego e o fomento do teletraballo.

175.000 dispositivos de telepeaxe

Dende o inicio da pandemia, a concesionaria prioriza as vías de pago automáticas para impulsar a seguridade. No primeiro semestre del ano e en comparación co mesmo periodo de 2019, o cobro automático aumentou 5,7 puntos e emprégase xa no 92,4% das viaxes. No mes de xuño, 174.548 vehículos empregaron dispositivos de telepeaxe.

Autoestradas do Atlántico conta con 219,6 kilómetros que vertebran a circulación de Galicia entre Ferrol e a fronteira con Portugal. A autoestrada conta con 36,7 quilómetros de tramos gratuitos e emprega a 213 profesionais da plantilla media no primeiro semestre de 2020.

O Ministerio de Transportes somete a información pública a mellora de diversas rúas en Chapela

16.07.2020

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana somete a información oficial e pública o proxecto de mellora e urbanización de varias rúas de Chapela (Redondela) situadas nas proximidades da AP-9.

Este proxecto, que conta cun orzamento base de licitación de 2.923.002,35 de euros, incluíndo o 21% de IVE, divídese en tres actuacións: a ampliación do paso sobre a autoestrada galega que dá acceso á localidade de San Vicente de Transmañó, a reposición do camiño Mouriño, localizado na marxe esquerda da carreteira N-522, e a mellora da rúa Pasán e o camiño da Igrexa, que inclúe a construción das redes de abastecemento, de alumeado e de augas pluviais, ademais da reposición do firme e novas beirarrúas.

Estas obras, que asume integramente Autopistas del Atlántico (Audasa), son consecuencia da ampliación da autoestratada entre O Morrazo e Teis (Vigo). Con anterioridade a concesionaria galega xa financiara por un valor de 4,6 millóns de euros a construción do CEIP Cidadelle, que conta cun terreo de máis de 10.600 metros cadrados cara a ría de Vigo.

O Boletín Oficial del Estado (BOE), do mércores 15 de xullo de 2020, recolle toda a descrición do proxecto.

O tráfico na AP-9 aínda está en maio un 59% por debaixo de hai un ano

03.06.2020

03.06.2020. O tráfico na totalidade dos tramos da Autoestrada do Atlántico (AP-9) rexistrou una media de 10.054 vehículos diarios en maio de 2020, un 58,59% menos que no mesmo mes de 2019. A autoestrada recuperou 4.614 vehículos de intensidade media diaria (IMD) en maio en comparación con abril de 2020, un 84,82% máis, malia que aínda non acada os 12.727 vehículos diarios do mes de marzo, cando o día 14 se decretou o estado de alarma pola crise do coronavirus.

A IMD contabiliza todos os desprazamentos, con peaxe, peaxe en sombra e tamén os gratuítos para os clientes (o 51% dos tránsitos na Autoestrada do Atlántico son de balde para os usuarios). Os tramos gratuítos da Autoestrada do Atlántico son 37 kilómetros situados nas circunvalacións de Vigo, Pontevedra, Santiago e Ferrol. Trátase de tramos de balde nos que calquera vehículo pode entrar e saís da AP-9 sen abonar peaxe e que resultan ser os de maior intensidade de tráfico do vial.

Reapertura segura dos restaurantes da autoestrada

Os restaurantes das áreas de servizo da Autoestrada do Atlántico iniciaron o luns o seu proceso de reapertura. A primera apertura é a do establecemento da área de Ameixeira (Ordes, A Coruña), cun protocolo de seguridade e hixiene que prioriza ao máximo a protección dos traballadores e os clientes e minimiza o impacto económico do peche motivado pola crise sanitaria.

Entre as medidas contempladas no protocolo inclúese a distancia de seguridade recomendada de 2 metros, facilitar información e lavado de mans a traballadores e clientes, a posta a disposición dos profesionais de máscaras, guantes e pantallas faciais ou a protección individualizada de todos os produtos á venda.

No conxunto da autoestrada, Autopistas del Atlántico (Audasa) mantén o seu protocolo de seguridade e hixiene para garantir a protección de profesionais e usuarios, tanto en pista como nas áreas de peaxe, descanso e servizo. A vía automática, coa tarxeta bancaria e contactless e o sistema de telepeaxe, continúa a ser o método preferente de pago nas peaxes da AP-9, con persoal de reforzo nos casos nos que sexa necesario.