A Autoestrada do Atlántico, un fenómeno vertebrador en Galicia

O premio de fotografía Autoestrada do Atlántico recibiu, ao longo do mes de xullo, un total de 169 fotografías participantes na primeira edición do certame, que tiña como obxectivo poñer en valor a imaxe de Galicia a través do fenómeno vertebrador da Autoestrada do Atántico.

As imaxes participantes trazan un percorrido singular pola paisaxe, a economía e a vida galega.

14 fotografías de fotógrafos profesionais e afecionados destacaron a pesca como elemento dinamizador da economía galega, que se reflicte nestas imaxes concursantes no premio. Outros optaron por retratar pequenos recunchos da Ría de Vigo que amosan a paisaxe galega máis tradicional, esceas do día a día como un chapuzón coa Ponte de Rande ao frente, unha pequena excursión para contemplar a paisaxe ou mesmo a roupa tendida sobre a ría. Tampouco faltaron imaxes dos grandes acontecementos que marcaron a historia da ponte coma a Volta Ciclista a España cruzando Rande.

En definitiva, 169 imaxes forman este variado elenco que proclama a imaxe de Galicia aos catro ventos.