Premio ITS 2019 polo sistema de control de Rande

Autoestradas do Atlántico SA (Audasa) vén de ser recoñecida co Premio ITS 2019 en Infraestructuras pola implementación do seu sistema de control automatizado da ponte de Rande. A distinción tamén premia o “excelente” protocolo de colaboración establecido entre Audasa, a Dirección General de Tráfico (DGT) e o Ministerio de Fomento durante a realización das obras, o que permitiu unha coordinación para manter sempre aberto o tráfico na ponte en ambos sentidos de circulación.
ITS 2019 está concedido polo xurado da prestixiosa asociación ITS España (Sistemas Intelixentes de Transporte, nas súas siglas en inglés), unha organización internacional sen ánimo de lucro que procura xuntar ao sector público, privado e académico relacionado cos sistemas intelixentes de transporte. ITS recoñece a aposta da autoestrada galega pola innovación e a modernización das súas infraestruturas, que redunda nunha maior seguridade e comodidade para os seus usuarios. A concesionaria da AP-9 deseñou este sistema seguindo estándares intenacionais para garantir a máxima seguridade e operatividade, tanto na xestión cotiá como en situacións de emerxencia, xa que se trata dunha ponte pola que poden circular máis de 6.000 vehículos á hora.

A entrega do premio celebrouse onte no edificio da Casa Consistorial de Madrid, na xornada de clausura do XIX Congreso Español sobre Sistemas Inteligentes de Transporte.