Rande, 17 meses nun minuto

25.09.2019. O 30 de decembro de 2017 inaugurouse a ampliación da ponte de Rande, tras 17 meses de obras (entre agosto de 2016 e decembro de 2017), que se realizaron polo exterior dos piares sen afectar á estructura orixinal da ponte. A ponte que cruza a ría de Vigo mantívose aberta á circulación durante todo o periodo de obras, incluso soportando un tráfico un 4% superior ao de anos anteriores.

A ampliación da ponte de Rande foi recoñecida coma a segunda Mellor Estructura (Outstanding Structure Award u OSTRA polas súas siglas en inglés) do mundo en 2019, no premio outorgado pola Asociación Internacional de Pontes e Enxeñaría Estrutural (IABSE). A ampliación tamén recibiu en abril de 2019 o Premio ITS 2019 e o Premio Acueduto de Segovia, pola súa coordinación do tráfico e respecto ao medio ambiente durante as obras, respectivamente. A ponte de Rande, construida por Autoestradas do Atlántico SA cunha inversión de 192 millóns de euros na súa ampliación, converteuse na infraestrutura moderna máis premiada en Galicia.

Clica no vídeo para ver 17 meses da súa obra de ampliación nun minuto.