Récord de frío na AP-9: 5 de xaneiro en Sigüeiro

O termómetro rexistrou a pasada noite de Reis (5/01/2019) unha temperatura de -7,84 grados centígrados, un novo récord entre os datos metereolóxicos da AP-9. O dato rexistrouse no quilómetro 63, entre Sigüeiro e Santiago de Compostela. Os equipos de tratamento da viabilidade invernal, esparciron, con carácter preventivo, fundentes para evitar a aparición de xeo e garantir a circulación en condicións óptimas para a seguridade nunha das noites máis especiais do ano.

As accións de control das xeadas forman parte da campaña de viabilidade invernal que Audasa, sociedade concesionaria da autoestrada galega, desenvolve de novembro a marzo para acondicionar a vía para soportar todo tipo de inclemencias meteorolóxicas. Entre os meses de outubro de 2018 e febreiro de 2019 espalláronse 426.000 toneladas de fundentes, o que supuxo tratar 12.000 quilómetros equivalentes en 5 meses para evitar accidentes.

Nos meses de inverno realízanse tratamentos preventivos para garantir a viabilidade da autoestrada cando se contempla a caída de temperaturas na calzada e tratamentos curativos, encamiñados a resolver posíbeis deterioros da mesma. A actividade do equipo de mantemento, formado por 100 profesionais, é coordinada dende os centros de conservación, nos que se obtén información en tempo real dos institutos de meteoroloxía e se monitoriza a actividade da autoestrada a partir das 60 cámaras situadas ao longo dos seus 219,6 quilómetros.