A AP-9 conecta 38 municipios galegos entre Tui e Ferrol

A Autoestrada do Atlántico conta con 50 saídas e entradas de acceso que permiten conectar os 38 municipios que atravesa o seu trazado entre Tui e Ferrol, converténdoa nunha das autoestradas máis accesíbeis de España. O último é o inaugurado en marzo de 2019, en Santiago de Compostela, que posibilita a conexión da AP-9 coa Cidade da Cultura no quilómetro 70. O alto número de enlaces permite unha capilaridade que aporta conexión á dispersión poboacional galega, que conta con 93,5 habitantes por quilómetro cadrado.

O elevado número de accesos implica o despregue de 178 cabinas de peaxe, das que 30 son emisoras de tíckets, 50 son de telepeaxe, 69 de pago fácil e 29 con personal de atención directa con 124 profesionais ao teu servizo. Unha dotación de equipo e personal que garante a fluidez constante de tráfico e evita as paradas prolongadas, provocando un aforro de tempo e combustíbel para os usuarios.