As mellores fotos da Autoestrada do Atlántico expóñense en Nova Iork

Autoestradas do Atlántico SA (Audasa) convoca o premio de fotografía Autoestrada do Atlántico, para fotógrafos profesionales e afeccionados. As mellores imaxes formarán parte da exposición Rande en Nova Iork, que se inaugurará o 4 de setembro na sala de exposicións A Nacional de Manhattan. O certame coincide coa entrega a Autoestradas do Atlántico e ao Ministerio de Fomento do premio á ampliación de Rande como segunda mellor ponte do mundo en 2019, durante o congreso anual da Asociación Internacional de Pontes e Enxeñaría Estrutural (IABSE).

O premio de fotografía busca poñer en valor a nivel internacional a imaxe de Galicia a través do fenómeno vertebrador da Autoestrada do Atlántico. Poden optar ao premio todo tipo de fotografías históricas ou actuales; publicadas ou inéditas; realizadas por profesionais ou afeccionados que sexan presentadas no prazo e do xeito que se detalla nas bases. As imaxes deberán gardar relación coa Autoestrada do Atlántico. Os participantes deben enviar as súas imaxes (un máximo de 5 por fotógrafo) entre o 2 e o 20 de xullo de 2019 seguindo as bases legais do concurso, que se poden consultar aquí. O fotógrafo profesional gañador recibirá un premio en metálico de 2.500 euros, e o fotógrafo afeccionado que gañe o concurso na súa categoría, recibirá un premio de 1.500 euros.

O xurado, integrado por profesionais de recoñecido prestixio, emitirá o fallo antes do 31 de xullo.

A exposición Rande en Nova Iork realízase en colaboración coa institución cultural máis antigua e unha das de maior prestixio da cidade estadounidense e que ademais foi fundada por españois, A Nacional Spanish Benevolent Society of NYC. A exposición exhibirase posteriormente en varias cidades galegas.

 

Bases de participación

 

Ficha de inscripción