A néboa e a estrutura de Rande, gañadoras do premio de fotografía

A fotografía Niebla 2, de Ricardo Grobas, premiada na categoría profesional.

29.07.19 A néboa sobre a ponte de Rande e a súa estrutura levan o premio de fotografía Autopista del Atlántico, concedido por Autopistas del Atlántico SA (Audasa). O fotógrafo vigués Ricardo Grobas Antúnez resultou premiado na categoría profesional, pola súa fotografía titulada Niebla 2. O fotógrafo ourensano Álvaro Rodríguez Pérez ‘Purre’ resultou vencedor da categoría afecionado coa fotografía Cruzando la ría. Ademais, o jurado seleccionou 25 fotografías que se exporán o próximo mes de setembro de 2019 en Nova Iork.

A imaxe Cruzando la ría, gañadora categoría afecionado

A imaxe vencedora na categoría profesional, de Ricardo Grobas, mostra a ponte de Rande rodeado de néboa, que tan só deixa á vista parte dos tirantes e un tramo de carreteira, polo que se crea un efecto case fantasmagórico. A foto de Álvaro Rodríguez, gañadora do premio afecionado, deixa a vista a estrutura inferior dos raís da ponte, nos que consegue captar o reflexo da luz do sol na auga. O xurado destacou ambas fotografías, que teñen a ponte de Rande como motivo protagonista, por por en valor a imaxe de Galicia a través do fenómeno vertebrador da Autoestrada do Atlántico, así como tamén polas súas características técnicas e de composición.

O xurado reuniuse na sede de Audasa en A Coruña

Ambas imaxes, que serán premiadas con 2.500 euros na categoría profesional e 1.500 na categoría afecionado, viaxarán en setembro a Nova Iork para exporse na sala La Nacional Spanish Benevolent Society of NYC, en Manhattan. Farano acompañadas doutras 23 seleccionadas polo xurado, da autoría de Alberto Vázquez Fernández, Marta García Brea, Yovanna Otero Martínez, Óscar Pinal Rodríguez, Xoan Arias Soler, Eliana García Fianjo, Juan Rodríguez Goberna, Luis Dobarro Lores, José Manuel Folgueira Vázquez, José Luis Oya Gayo, Brais Lorenzo Couto, Roberto Alonso Lago, Cristina Mouriño Regueira, Carlos Figueirido Filgueira, Samuel González Soliño, Amador Lorenzo Blach, María Teresa Sotelino Barreiro y Andrés López Díaz.

O xurado, formado por Silvia Longueira, xornalista, en representación da Fundación Luis Seoane; Belén Regueira, xornalistas, en representación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; Jorge Lens, fotógrafo; Vari Caramés, fotógrafo; Miguel Riopa, fotógrafo; Carlota Pita, enxeñeira, en representación do Colexio de Camiños, Canles e Portos; e Xosé Luis García, xornalista e xestor cultural como secretario do xurado, reunironse na sede de Autopistas del Atlántico SA, en A Coruña, o pasado 22 de xullo, para analizar e valorar cada unha das 169 fotografías presentadas ao premio por parte de afecionados e profesionais da fotografía e de diferentes medios de comunicación galegos.