Simulacro no túnel do Sartego

 

 

 

11.11.2021. O Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana realiza esta noite (entre as 23.00 horas do 11 de novembro e as 02.00 horas do 12 de novembro) un simulacro de emerxencia no túnel do Sartego na AP-9, nos concellos de Fene e Neda (A Coruña), que suporá o desvío para o tráfico entre os puntos quilométricos (PK) 27F e 31F. O obxectivo do simulacro é avaliar a coordinación de todos os equipos implicados (protección civil, servizos de emerxencias, garda civil, responsables de túneles, etc.), nun caso realista no que se debe extinguir un incendio e evacuar os usuarios do seu interior.

Os vehículos que circulen por ambas vías desviaranse dende a autoestrada ata o enlace correspondente, mediante un enlace provisional de tráfico debidamente sinalizado.

A lexislación sobre requisitos de seguridade nos túneles do Estado esixe que o persoal de xestión do túnel e os servizos de emerxencia, en colaboración co responsable de seguridade e cos organismos competentes de protección civil, organicen simulacros periódicos conxuntos.

Desvíos de tráfico

A circulación polo túnel do Sartego verase afectada en ambos os sentidos entre os cruces de Fene (PK 27 F) e Neda (PK 31 F). Para os vehículos que circulan en sentido decrecente, destino A Coruña, a vía alternativa é a nacional N-651 á que se pode acceder dende os enlaces da AP-9 F de Freixeiro (PK 34F), Couto (PK 33F) e Neda (PK 31F). Para os que circulen en sentido crecente, destino Ferrol, a ruta alternativa é a estrada N-651, á que se pode acceder pola AP-9 Fene (PK 27F) e Vilar de Colo (PK 25F ).