Telepeaxe, o método de pagamento máis utilizado

Os medios de pago electrónico da AP-9 representan o 75% de facturación dos 144,1 millóns de euros da autoestrada, fronte ao 21% de tarifa abonada en efectivo. O pagamento con dispositivos de telepeaxe é o método máis destacado do 2018, posto que foi utilizado no 57% do pagamento, e obtivo un crecemento do 9,2% con respecto ao ano anterior. Os ingresos por esta vía de cobro aumentaron un 49% dende o ano 2011.

O pago con tarxeta aumentou un 5,8% en 2018 con respecto ao ano anterior. O pagamento en efectivo proseguiu en 2018 a súa tendencia á baixa, cun descenso do 8,1% no exercicio.