279 profesionais coidan diariamente da AP-9

Autoestradas do Atlántico SA (Audasa) conta cun plantel integrado por 209 profesionais, aos que hai sumar os 70 das empresas subcontratadas, como os 34 técnicos de Valoriza. Todos garanten a seguridade e o bo mantemento do vial. O 8% son profesionais de xestión e atención ao cliente; o 44% de atención aos servizos e cabinas de pago; e o 48% de obras e mantemento. O plantel profesional de Audasa sitúa á concesionaria galega entre as 3 autoestradas máis seguras de España (entre as que acadan niveis diarios de tráfico de entre 20.000 e 30.000 vehículos) cun índice de 0,11 en accidentes mortais, un 42% por debaixo da media española.

Durante 24 horas, os 365 días ao ano, o seu obxectivo é a seguridade dos usuarios da AP-9. Ao equipo profesional, súmanse a tecnoloxía e maquinaria, con 60 cámaras estratéxicamente emprazadas ao longo do vial; 2 centros de conservación en A Coruña e Pontevedra, que coordinan as labores dos equipos; e 50 vehículos, lixeiros e pesados, que se empregan para os traballos de conservación e preservación. No 2018, o investimento global da compañía adicado ao mantemento na autoestrada supera os 14,3 millóns de euros.

O coidado da autoestrada comeza dende o asfalto. O empregado na AP-9 mellora sustancialmente a adherencia do neumático e reduce o tempo de freada en situacións metereolóxicas adversas, especialmente por xeo ou chuvia, respecto ás vías convencionais. Ademais, o dos accesos a Vigo diminúe o ruido ata en 3 decibelios.