O tráfico na AP-9 medra un 16% nos últimos 5 anos

O tráfico na AP-9 medrou nos últimos 5 anos un 16%, o que supón que a Intensidade Media Diaria (IMD) pasou dun total de 20.658 vehículos (en 2013) a 24.036 vehículos (en 2018) de tráfico total da AP-9 (incluido viaxes gratuitas e circunvalacións gratuitas).

O tráfico da Autoestrada do Atlántico, que no último exercicio foi o máis elevado dende o ano 2011, está íntimamente ligado á actividade económica galega e a súa evolución. O máximo nivel de tráfico acadouse no 2007, con case 25.000 vehículos de IMD, entrando en fase descendente na recesión económica entre 2008-2013, e empezou a súa recuperación a partires do 2014. A estimación de Audasa é que o tráfico volva medrar en 2019.

Os tramos que máis incrementan a circulación están situados na provincia de Pontevedra, concretamente na área industrial de Vigo, entre O Rebullón-O Porriño (+54,12%) e entre O Rebullón-Tui (+52,35%). En 2019, o prezo da peaxe destes dous tramos é de 1,60 e 2,70 euros, respectivamente. Na provincia de A Coruña, o tramo cun maior incremento de tráfico é o Santiago leste-Santiago sur (+22%).

Na ponte de Rande, que cruza a ría de Vigo, a IMD medrou un 11% nos últimos 5 anos, mentres que durante a recesión económica (2008-13) sufriu unha caída do 15%. A autoestrada galega é gratuita entre O Morrazo e Vigo dende o 2007.