Vigo, unha cidade conectada

Vigo é unha cidade conectada pola Autoestrada do Atlántico. A cidade olívica mellorou os seus accesos dende a AP-9 pola ponte de Rande cun investimento de 191,6 millóns de euros realizado pola concesionaria da autoestrada, Autopistas del Atlántico SA (Audasa). A concesionaria ampliou tamén en 2018 a circunvalación de Santiago de Compostela. As ampliacións da ponte de Rande e circunvalación Santiago acadan un investimento conxunto de 281 millóns de euros.

O investimento realizado para a mellora dos accesos a Vigo inclúe a ampliación da ponte de Rande, que forma parte das 103 pontes e viadutos que compoñen a autoestrada nos seus 219,6 quilómetros de vía. A ponte de Rande xa se alza coma un dos fitos da enxeñería mundial, tratándose da primeira ampliación dunha ponte atirantada de gran luz, coa que obtivo un 40% máis de capacidade, ata os 6.400 vehículos por cada hora. A infraestrutura recibiu o premio Acueducto de Segovia de Obra Pública e Medio Ambiente e o premio ITS 2019 (Sistemas de Transportes Intelixentes, en inglés), á mellor obra do ano en España.