Abre o novo colexio de Redondela, construido pola Autoestrada do Atlántico

11.09.2019. O cento de alumnas e alumnos do CEIP Cidadelle de Chapela (Redondela) inauguran hoxe o seu novo colexio, financiado íntegramente por Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa). A obra ven de ser entregada polo concesionaria da autoestrada galega ao Concello de Redondela, que a súa vez cede o seu uso á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A construción da escola, que conta cun terreo de máis de 10.600 metros cadrados cara a ría de Vigo, forma parte do presuposto da ampliación de Autopistas del Atlántico da ponte de Rande, debido á cercanía do antigo colexio coas implementacións de novos carrís de acceso na zona de Chapela (redondela), na ría de Vigo.

O director xeral de Audasa, César Canal Fernández (der) fai entrega da obra á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e ao xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César A. Pére

A escola ten unha superficie de 2.460 metros cadrados e conta cunha pista deportiva de 1.056 metros cadrados así como espazos exteriores urbanizados, entre os que se inclúen un parque infantil e unha zona de xogos para as nenas e nenos.

O orzamento global do proxecto, concibido polo arquitecto Alfredo Díaz Grande, ascende a 4,6 millóns de euros, dos que 3,6 millóns foron destinados á construción do edificio e 1 millón á compra dos terreos.

O presuposto total investido por Autopistas del Atlántico no proxecto de ampliación da ponte de Rande foi de 191,6 millóns de euros.